TrabalhosGratuitos.com - Trabalhos, Monografias, Artigos, Exames, Resumos de livros, Dissertações
Pesquisar

Contexto Histórico Aristóteles

Dissertações: Contexto Histórico Aristóteles. Pesquise 862.000+ trabalhos acadêmicos

Por:   •  20/5/2014  •  463 Palavras (2 Páginas)  •  765 Visualizações

Página 1 de 2

CONTEXTO HISTÓRICO ARISTÓTELES

A filosofía nace na Grecia do século VI a.C co proceso de transición do mito (recorre aos deuses como explicación dos problemas observados) ao logos (uso da razón para a resolución de problemas). Este nacemento ven propiciado polo nacemento da polis. Os primeiros filósofos, chamados presocráticos centráronse no universo (physis) coma un todo, reflexinando sobre o problema da orixe ou arché, o problema do substrato ou ousía, e o problema do cambio. Neste grupo de filósofos atopamos a Heráclito (eterno fluír, logos), Anaxágoras (homeomerías, Nous) e Parménides (ser, permanencia). Mais a mediados do s.V a.C prodúcese un xiro filosófico provocado polos continuos cambios de gobernos (monarquía de Solón, democracia de Pericles, goberno dos 30 tiranos) que tiñan lugar como consecuencia das sucesivas guerras do momento (Guerras Médicas e Guerras do Peloponeso). O principal tema tratado agora será a política e o ser humano. Aparecen aquí os sofistas (defensores do subxectivistmo, relativismo e escepticismo) e Sócrates (que pretende, sen éxito, acadar unha verdade absoluta). Platón, discípulo de Sócrates, intentará coa Teoría das Ideas conseguir o coñecemento absolutamente seguro ao que aspiraba o seu mestre. Aristóteles, discípulo de Platón, manifesta dende a admiración, profundas diferenzas coa doutrina platónica. A tese fundamental do pensamento de Platón consiste na afirmación (recorrendo ao mito para a súa explicación) de que as substancias primordiais son as ideas, mentres que para Aristóteles, son os individuos do mundo físico, considerando que o dualismo cosmolóxico de Platón só duplica o problema e non resolve o problema do cambio. Aristóteles reivindica como única realidade o mundo físico (naturalismo).

No que si coinciden ambos filósofos é na crítica do azar atomista; consideran que a natureza está rexida por unha rigorosa teleoloxía que é responsable da súa orde. Acordan tamén na composición de corpo e alma do ser humano, aínda que difiren en algúns aspectos como a alma como principio da vida, a unión substancial de alma e corpo, a unidade da alma e a reencarnación e inmortalidade. Pese a ditas diferenzas, hai dúas ideas que os aproximan e fan caer a Aristóteles no platonismo. Aristóteles dáse conta que é máis importante a idea (o universal) que o individuo e tamén acaba afirmando a inmortalidade intelectiva da alma humana. Tamén os modelos de coñecemento de ambos son distintos (o de Platón é a matemática e o de Aristóteles a bioloxía) ao igual que a maneira de acadalos. Platón utiliza o méto do dedutivo (mediante a razón discursiva). Aristóteles é empirista; intenta comprender e describir o proceso de coñecemento a partir da experiencia (negando as ideas innatas e a preexistencia da alma), mais sendo o coñecemento intelectual superior ao sensible. A abstracción é un proceso imprescindible de coñecemento científico, pero sen crer Aristóteles que os conceptos abstractos existan por si mesmos nun mundo propio.

...

Baixar como (para membros premium)  txt (3 Kb)  
Continuar por mais 1 página »
Disponível apenas no TrabalhosGratuitos.com