PEIXE AZUL
Dissertações: PEIXE AZUL. Pesquise 862.000+ trabalhos acadêmicosPor: brumbrum • 27/2/2014 • 533 Palavras (3 Páginas) • 274 Visualizações
O concepto de peixe azul (denominado tamén peixe graxo) atinxe esencialmente á proporción de graxa atopada entre os músculos do peixe. A denominación azul non atende a criterios biolóxicos, senón nutricionais. Os peixes azuis ou graxos son un grupo de peixes que conteñen máis dun 5% de graxa, mentres os peixes brancos ou magros conteñen aproximadamente só un 2%. Existe unha clase intermedia, os peixes semigraxos, coma a robaliza ou a dourada, que conteñen entre un 2 e un 5% de graxa aproximadamente.
A cantidade de graxa inflúe na coloración, así que gran parte dos peixes graxos teñen coloración externa azul, de aí o seu nome.
Características biolóxicas[editar | editar a fonte]O peixe que entra na categoría de peixe azul é menos sedentario có considerado branco, ó que se debe a súa maior necesidade de almacenamento de depósitos de graxa. Pola mesma razón, os peixes azuis teñen unha cola ou aleta caudal moito máis potente cós brancos, cun bordo posterior aforquitado, mentres que no caso dos peixes brancos é redondeado. Como norma xeral, o peixe azul nada preto da superficie nas zonas do pélago, por iso ás veces aparece coa denominación de peixe peláxico. O peixe branco faino en augas moito máis fondas, próximas ao fondo.
Características nutricionais e de saúde[editar | editar a fonte]Aconséllase incluír peixe azul na dieta dunha persoa sá e adulta, polo menos dúas ou tres veces á semana. O seu consumo racional ten algúns beneficios para a saúde debido aos seus contidos en ácidos graxos poliinsaturados, sobre todo o omega 3. Amosouse que é benefecioso para a regulación da tensión arterial [1]. O consumo de peixe azul dúas veces por semana axuda a diminuír o risco de padecer morte súbita por infarto de miocardio mediante a prevención da arritmia cardíaca [2]. Tanto o ácido eicosapentaenoico, atopado nalgunhas especies de peixes graxos, coma outros ácidos graxos omega-3 como as resolvinas, teñen efectos beneficiosos sobre o aparello circulatorio e de prevención da artrite [3].
Algúns investigadores franceses publicaron no ano 2002 na British Medical Journal unha investigación realizada sobre unha poboación de 1.674 xubilados do sur de Francia durante un período de sete anos, estudando o seu consumo contrastado contra a inxesta habitual de peixe azul, detectando a presenza máis habitual de demencia naqueles que tiñan unha dieta baixa en peixe azul. A conclusión que obtiveron foi que quen inxire peixe azul cando menos unha vez á semana diminúe o risco de sufrir demencia durante un período de sete anos [4]. No estudo non se determina a causa pola que o peixe azul frea ou reduce a demencia.
Malia o alto contido graxo destas especies de peixe, o certo é que estas graxas son polinsaturadas, polo que aumentan os niveis de colesterol HDL ("bo") diminuíndo así os niveis de colesterol LDL ("malo") e deste xeito minimízanse os riscos de enfermidades cardiovasculares.
Con todo, é bo acoutar que como todo produto cárnico contén purinas, polo cal deben evitarse en caso de gota ou hiperuricemia.
Principais peixes azuis[editar | editar a fonte]Atún e bonito do Norte
Sardiña
Bocarte
...